Xunqueira de Espadanedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXunqueira de Espadanedo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°19′03″N 7°37′43″O / 42.3175, -7.6286111111111Coordenadas: 42°19′03″N 7°37′43″O / 42.3175, -7.6286111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalXunqueira de Espadanedo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación689 (2023) Editar o valor em Wikidata (24,92 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie27,65 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude679 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataCarlos Gómez Blanco (2011–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Xunqueira de Espadanedo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32037 Editar o valor em Wikidata

Sitio webxunqueiradeespadanedo.es… Editar o valor em Wikidata
Facebook: XunqueiraEspadanedo Twitter: xunqespadanedo Youtube: UCmcBNCDhFMjzU7_d9ZJdXhQ Editar o valor em Wikidata

Xunqueira de Espadanedo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE en 2020 tiña 751 habitantes[1] (1.001 no 2006, 1.017 no 2005, 1.033 no 2004, 1.050 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xunqueirao».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Parada de Sil, Montederramo, Maceda, Esgos e Nogueira de Ramuín. Está situado nun terreo montañoso, entre a serra de Meda, o monte do Rodicio e o monte do Couso.

Abrangue 27,65 km²[1], repartidos en catro parroquias. Está comunicado a través da estrada OU-536, que comunica Ourense con Ponferrada.

Demografía[editar | editar a fonte]

Padrón municipal 2020 751 habitantes[1]
Menores de 15 anos 44 (5,86 %)
Entre 16 e 64 anos 418 (55,66 %)
Maiores de 65 anos 289 (38,48 %)
Evolución da poboación de Xunqueira de Espadanedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
1.900 1.891 1.829 1.489 1.033 962 914 892 862 863 818 800 756 741 745 751 {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[2] e INE[3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Consérvanse edificacións da Idade Media, destacando o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, con orixe no século XII, e pertenceu á orde do Císter. En Paradela consérvase un peto de ánimas.

Entre a arquitectura civil destaca o muíño de Reboredo e o de Xunqueira de Espadanedo.

Economía[editar | editar a fonte]

É famosa a cerámica de Niñodaguia, un traballo tradicional e artesán. Esta cerámica resulta moi vistosa polo seu proceso de vidrado.[4][5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xunqueira de Espadanedo

Niñodaguia (Santa María) | Os Pensos (San Pedro) | Ramil (San Miguel) | Xunqueira de Espadanedo (Santa María)


Lugares de Xunqueira de Espadanedo[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Espadanedo vexa: Lugares de Xunqueira de Espadanedo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-26. 
  2. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-26. 
  3. "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-26. 
  4. "Xunqueira de Espadanedo, centro ceramista do sur de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2010.  Arquivado 14 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  5. Artesanía na Ribeira Sacra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.