Xosé Carlos Caneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Carlos Caneiro
Nacemento17 de xuño de 1963
Lugar de nacementoVerín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
Coñecido porÉbora e O infortunio da soidade
PremiosPremio Xerais, Premio Blanco Amor, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica de narrativa galega
Na rede
Bitraga: 2708 AELG: 248 Dialnet: 740357
editar datos en Wikidata ]

Xosé Carlos Caneiro Pérez, nado en Verín o 17 de xuño de 1963,[1] é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialista en lingua galega, lingua francesa, lingua castelá e ciencias sociais). Asesor do Centro de Formación do Profesorado de Ourense con sede en Verín. Profesor do curso "Didáctica da ficción e Creación Literaria" na Universidade de Vigo. Colaborador habitual de numerosas publicacións dende 1981 (La Voz de Galicia, Tempos Novos, El País, Diario 16, Península, Faro de Vigo, El Mundo, La Región).

Dirixiu e presentou os programas da TVG Oficio de Palabras e As Luces. É colaborador diario da Crónica da Radio Galega.[2] É vicepresidente do Padroado de Afundación, Obra Social de Abanca.[3]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Historias no fío de Monterrei, 1988, Concello de Verín.
  • O infortunio da soidade, 1992, Xerais.
  • Loias, lucérnulas e outras historias no fío de Monterrei, 1995.
  • Un xogo de apócrifos, 1997, Xerais. Foi traducida ao castelán.[4]
  • Estado permanente de fracaso, 1997, Vía Láctea.
  • Talvez melancolía, 1999, Espiral Maior.
  • Os séculos da lúa, 1999, Espiral Maior.
  • A rosa de Borges, 2000, Sotelo Blanco. Foi traducida ao castelán.[5]
  • Ébora, 2000, Xerais. Foi traducida ao castelán[6] e ao alemán.[7]
  • Triloxía dos tristes, 2002, Galaxia.
  • Ámote, 2003, Galaxia.
  • A vida nova de Madame Bovary, 2008, Galaxia.
  • Blue Moon, 2009, Biblos Clube de Lectores.
  • Un último destino, 2010, Galaxia.
  • A máscara de Ulises, 2013, Galaxia.
  • Verín de Verín, 2021, Conmar.
  • Paraíso, 2022, Ézaro.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • O esculpido sorriso dos teus beizos, 1984, edición de autor.
  • Da túa ausencia, 1991, edición de autor.
  • Estación Sur, 1994, Concello de Ourense.
  • A valga do triste amor, 1997, Espiral Maior.
  • Aínda soñas con piratas?, 1999, Espiral Maior.
  • De bar en bar (os poemas prohibidos), 2006.
  • Camiños de amor e lúa, 2009, Biblos Clube de Lecturas.
  • Despois de ti, a chuvia, 2011, Galaxia. Con poemas recitados da súa voz acompañado por Emilio Rúa.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O buscador da nada, 1991, Asociación Cultural Monterrei.
  • Os dominios de Caín, 2006, Galaxia.
  • De bar en bar (para abrazarte escribo), 2006, Difusora.
  • Ourense, galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela, 2016, Deputación de Ourense.
  • O país das marabillas, 2017, Auga Editora.
  • Francamente. Ironía biográfica da ditadura de Franco, 2019, Editorial El Cercano.

Edicións[editar | editar a fonte]

  • O mellor de Celso Emilio Ferreiro (antoloxía literaria), 2010.
  • O mellor de Manuel Antonio (antoloxía literaria), 2010.
  • Contos e lendas do val de Monterrei (Concello de Verín, 2017)

Infantil[editar | editar a fonte]

  • "O raposo Colabranca" Galaxia, 2011.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Novo do trinque, 1997, Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[a]
  • A memoria de Ourense, 1999, Xerais.
  • Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón.
  • Clásicos e modernos, 2000, Universidade da Coruña.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Xerais.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Jorge Luis Borges, 2003.
  • El libro de los besos y la niebla, 2011, Alvarellos.
  • Francamente, 2019, El Cercano editorial. Edición en castelán revisada e aumentada sobre o orixinal en galego.

Novela[editar | editar a fonte]

  • Las arañas en Berlín, 2013, Guiverny.
  • Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo, 2015, Trifolium
  • Todas las vidas de Madame Bovary, 2017, Editorial Doña Tecla

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "O Columnista", artigo de Caneiro en La Voz de Galicia, 18 de xuño de 2015.
  2. "A Crónica do día 30/05/2018 | CRTVG". www.radiogalega.gal. Consultado o 2018-05-30. 
  3. Equipo directivo
  4. "Un juego de apócrifos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-29. 
  5. "La rosa de Borges". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-29. 
  6. "Ébora". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-29. 
  7. "Ébora. Roman". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]