Vilariño de Conso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVilariño de Conso
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°10′37″N 7°10′16″O / 42.176944444444, -7.1711111111111Coordenadas: 42°10′37″N 7°10′16″O / 42.176944444444, -7.1711111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalVilariño de Conso Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación521 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,6 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie200,23 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude740 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMelisa Macía Domínguez (2017–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Vilariño de Conso Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32092 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvilarinodeconso.es… Editar o valor em Wikidata
Facebook: 639609349512235 Editar o valor em Wikidata

Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2019 tiña unha poboación de 519 persoas (771 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilariñés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias. Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.

Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros. Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³[1], e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1345 metros de altitude. A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede. O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxística.

Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira. Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Vilariño de Conso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.256 2.252 2.172 1.222 749 700 673 632 660 633 615 586 558 535 524 519 513 505
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 519 (2019)
Menores de 15 anos 21 (4.08 %)
Entre 15 e 64 anos 302 (58.64 %)
Maiores de 65 anos 196 (38.05 %)

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Encoro das Portas.

Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido. Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.

O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste. Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros[2].

En San Mamede hai tumbas antropomórficas. De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos. Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.

O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago. No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza. É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica. No ano 2018 creouse tamén a ruta de sendeirismo PR-G 146 Ruta Castelo de Cerveira, que parte de Pradoalbar, pasa pola ponte de Pradoalbar[3] e remata próxima á corga do Berganzo. Dende alí, por un camiño sinalizado pero non homologado ascéndese ata o castelo de Cerveira.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Dentro da gastronomía local destacan as troitas e anguías dos ríos Cenza e Conso, amais dos chourizos, androllas e xamóns. O domingo de entroido celébrase unha festa de exaltación do cabrito. Entre as sobremesas sobresaen a bica e o montonico. O museo etnográfico de Vilariño de Conso conta cun centro de interpretación do cogumelo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilariño de Conso

Castiñeira (San Lourenzo) | Chaguazoso (San Bernabé) | Conso (Santiago) | Mormentelos (Nosa Señora da O) | Pradoalbar (Santo André) | Sabuguido (Santa María) | San Cristovo (San Cristovo) | San Mamede de Hedrada (San Mamede) | Veigas de Camba | Vilariño de Conso (San Martiño)


Lugares de Vilariño de Conso[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilariño de Conso vexa: Lugares de Vilariño de Conso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Embalse: Las Portas". Embalses (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  2. Castelo de Cerveira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. Ponte de Pradoalbar na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.