San Cristovo de Cea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSan Cristovo de Cea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°28′21″N 7°58′55″O / 42.4725, -7.9819444444444Coordenadas: 42°28′21″N 7°58′55″O / 42.4725, -7.9819444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalCea Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.003 (2023) Editar o valor em Wikidata (21,21 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie94,44 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude520 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Luís Valladares Fernández Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en San Cristovo de Cea Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32139 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32076 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodecea.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: concellodecea Twitter: concellodecea Instagram: concellodecea Youtube: UCxyq_ngB2ob_3BG619m3hiQ Flickr: 107632267 Editar o valor em Wikidata

San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 2.418 habitantes
Menores de 15 anos 139 (5.75 %)
Entre 15 e 64 anos 1.276 (52.77 %)
Maiores de 65 anos 1.003 (41.48 %)
Evolución da poboación de San Cristovo de Cea   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.441 6.102 6.043 5.358 2.994 2.418
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira"[1].

A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero nese ano pasou a ser chamado San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]

Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]

No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Economía[editar | editar a fonte]

O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.

A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cristovo de Cea

Castrelo (San Cibrao) | Cea (San Cristovo) | Covas (Santa María) | Lamas (San Martiño) | Longos (Santa Baia) | Mandrás (San Pedro) | Oseira (Santa María a Real) | Pereda (Santa Baia) | San Fagundo (San Fagundo) | Souto (San Salvador) | Vales (San Pedro) | Vilaseco (San Miguel) | Viña (San Román)

Lugares de San Cristovo de Cea[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Cristovo de Cea vexa: Lugares de San Cristovo de Cea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia. concellodecea.com
  2. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 
  3. Decreto 296/1989, do 28 de decembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de San Cristovo de Cea (Ourense) Cortado, Primeiro de prata, o penedo de sinople, terragado do mesmo e empinantes. Ó tronco dous osos de sable. Segundo, de azul, cesta de prata e tres -poias- de pan, de ouro, perfiladas de sable. Orla Xeral de prata, cargada da lenda, en letras de azul: Concello de San Cristovo de Cea. Ó timbre coroa real pechada. DOG 13, 18 de xaneiro de 1990 páxina 284.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.