Ourol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOurol
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°33′43″N 7°38′31″O / 43.5619, -7.642Coordenadas: 43°33′43″N 7°38′31″O / 43.5619, -7.642
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalOurol Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación980 (2023) Editar o valor em Wikidata (6,81 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie144 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Luís Pajón Camba Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Ourol Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27865 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27038 Editar o valor em Wikidata

Sitio webconcellodeourol.es Editar o valor em Wikidata

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Casa do concello.

O concello, de 142,1 km², está situado ao norte da provincia de Lugo e abrangue oito parroquias. Limita ao norte cos concellos de Viveiro e do Vicedo, ao sur con Muras, ao leste co Valadouro e ao oeste con Mañón (provincia da Coruña).

A altitude media sobre o mar é de 405 m. Os ríos, que van dar ao mar Cantábrico, van en dirección sur a norte, con profundos vales e escarpadas zonas montañosas entre eles, diminuíndo a altitude media de sur a norte. O pico Veliña (937 m) está no límite cos concellos de Muras e O Valadouro, na fin da Serra do Xistral, que é unha zona especial de conservación (ZEC) da Rede Natura 2000[1]. O Pico Carballosa (732 m) está no límite das parroquias de Sisto e Ourol co concello de Muras.

A rede fluvial vai dar a dous ríos: o Landro e o Sor. O primeiro, que desemboca na ría de Viveiro, discorre en parte polo municipio e fai de fronteira co concello de Viveiro. Está tamén declarado como ZEC Río Landro.[2][3] Destaca pola presenza do salmón e polos hábitats de xunqueiras na marisma.[3] O río Sor configura o límite oeste de Ourol, co concello coruñés de Mañón, e parte do límite sur con Muras. A el van dar dous dos seus afluentes pola esquerda, os ríos Toxoso e San Pantaleón, que atravesan as parroquias de Ambosores e Cabanas. Vai dar á ría do Barqueiro.

O municipio conta con clima oceánico húmido, con suavidade térmica por mor da influencia mariña (11 °C de amplitude, cunha media anual de 14 °C) e con precipitacións durante todo o ano (1400–1500 mm).

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación do concello tivo unha tendencia regresiva durante os séculos XIX e XX, e continúa a diminuír na actualidade. Na primeira metade do século XX houbo unha forte emigración, mais compensouse cunha poboación de estrutura nova e con altas taxas de natalidade, acusándose máis o descenso nos últimos cincuenta anos.

Censo total 2017 1.016 habitantes
Menores de 15 anos 55 (5.41 %)
Entre 15 e 64 anos 481 (47.34 %)
Maiores de 65 anos 480 (47.24 %)
Evolución da poboación en Ourol
Ano Habitantes
1842 8.742
1857 6.274
1860 6.446
1897 5.779
1900 5.720
1920 5.311
1940 5.522
1960 4.410
1981 2.508
2000 1.620
2011 1.157
Parroquia 1877 1900 1920 1940 1960 1981 2002 2006 2011
Ambosores 273 195 215 182 77 37 21 20
Bravos 1017 881 811 840 659 356 280 239 242
Merille 461 671 658 763 559 383 263 234 194
Miñotos 738 1100 1070 1051 784 485 232 211 180
O Sisto 228 297 269 273 267 104 75 72 51
Ourol 800 862 786 831 719 438 249 232 191
San Pantaleón de Cabanas 1231 661 550 532 412 184 92 79 65
Xerdiz 1276 975 972 1017 828 481 260 228 214
Total 5751 5720 5311 5522 4410 2508 1488 1316 1157

Historia[editar | editar a fonte]

Placa altimétrica na casa do concello.

En Xestido (Miñotos) atopouse un xacemento do mesolítico de industria microlítica laminar e xeométrica[4].

Da cultura megalítica consérvanse varias mámoas: na Veiga (Cabanas) hai un túmulo semiesférico duns 12 m de diámetro e 1,3 de altura, cuberto de maleza e con cono de violación. En Penido Vello hai un túmulo duns 16 m de diámetro co dolmen. Na Pena do Toxo hai dúas mámoas, no monte de Cristo dos Callós jai unha necrópole con sete túmulos.

Hai trece petróglifono concello, nos lugares de Chao de Senás e Coto de Xesto (Miñotos).

Da cultura castrexa consérvanse catro castros: o castro de Penagateira (Bravos), castro do Turrillón (Miñotos), outro poboado en Sisto, e o castro de Santa Apolonia en Goio (Xerdiz), circular con socalco e cunha capela do século XVI na parte posterior da mesma.

Da romanización de Galiza atopouse unha ara Lares Viais en Casas Vellas (Miñotos). Estaba nun muro nun camiño real. Foi dedicada por un fillo dun tal Flavus en cumprimento dunha promesa. En Xerdiz atopouse outra ara, dedicada por Seguia, filla de Catulia e esposa de Severino. Consérvase no Museo Provincial de Lugo.

Rúa principal de Ourol.

Durante a maior parte da idade media as terras do actual concello dependeron das ordes relixiosas, pasando na última época e depender dos señores feudais. En 1128 o rei Afonso VII de León dispuxo divisións nas herdades eclesiásticas e civís da diocese de Mondoñedo. En 1392 o cabaleiro Fernán Peres de Andrade o Boo obtivo autorización para edificar tres igrexas nas montañas do Sor.

Trala división territorial de España en 1833 as parroquias pasaron a depender do concello de Viveiro, constituíndose oficialmente o concello de Ourol o 31 de decembro de 1840. En 1854 o concello foi suprimido durante uns meses, sendo restituído por Real Decreto o 25 de agosto dese mesmo ano. Coa revolución de 1868 a Xunta Revolucionaria volveu suprimir o concello, sendo restituído o 24 de novembro dese mesmo ano.

Símbolos[editar | editar a fonte]

En 2009 o Pleno do Concello aprobou modificar o escudo do concello e crear unha bandeira municipal. O escudo é de sinople, con banda de ouro acompañada dun vichelocrego ou gaimarelo (ariolus ariolus) en cada oco; bordura de prata cargada con oito piñeiros ao natural. Ao timbre, coroa real pechada. A bandeira, en pano verde leva unha banda de amarelo acompañada dun vichelocrego ou gaimarelo (ariolus ariolus) de amarelo e ás de negro en cada oco.

Os vichelocregos simbolizan o topónimo Ourol, derivado do latín aureolus (dourado). A banda recorda o cabaleiro Fernán Peres de Andrade o Boo, que mandou pór o seu escudo na igrexa de San Pantaleón de Cabanas, que mandou construír no século XIV. Os oito piñeiros son polas oito parroquias do municipio e pola riqueza forestal do mesmo, que xunto coa cor sinople do campo, simbolizan o medio ambiente e o seu carácter rural.[5]

Lugares de Ourol[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourol vexa: Lugares de Ourol.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ourol

Ambosores (Santa María) | Bravos (Santiago) | Merille (Santa Eulalia) | Miñotos (San Pedro) | Ourol (Santa María) | San Pantaleón de Cabanas (San Pantaleón) | O Sisto (Santa María) | Xerdiz (Santa María)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Serra do Xistral". 
  2. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120012 Río Landro". Consultado o 24/8/2019. 
  3. 3,0 3,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1120012 Río Landro". Arquivado dende o orixinal o 04/12/2020. Consultado o 24/8/2019. 
  4. López Pombo, L.: Municipio de Ourol. Un recorrido por sus parroquias (en castelán).
  5. Ourol. A nosa historia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.