Ordes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOrdes
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°04′36″N 8°24′26″O / 43.076666666667, -8.4072222222222Coordenadas: 43°04′36″N 8°24′26″O / 43.076666666667, -8.4072222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalOrdes Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación12.669 (2023) Editar o valor em Wikidata (80,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie157,23 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude292 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Luis Martínez Sanjurjo (2015–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Ordes Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15680 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15059 Editar o valor em Wikidata

Páxina webordes.gal Editar o valor em Wikidata

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o INE en 2022 tiña 12.589 habitantes (12.632 no 2018, 12.868 no 2010, 12.272 no 2005, 11.942 en 2000). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Ordes atópase nunha chaira a medio camiño entre Santiago de Compostela e A Coruña.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Está atravesado pola N-550, a AP-9 e polo ferrocarril entre A Coruña e Santiago de Compostela.

Orografía[editar | editar a fonte]

A altura sobre o nivel do mar oscila entre os 461 m nos montes do sur e os 450 m no norte.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Ordes atópase case na súa totalidade na cunca hidrográfica do río Tambre. O máis importante é o río Lengüelle, que baixa polo oeste marcando o límite co concello de Tordoia. A excepción os regatos do norte da parroquia de Ardemil, que se orientan de cara ao val de Barcia e desembocan no río Barcés.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

O terreo está formado por unha unidade xeolóxica de xistos denominada xistos de Ordes.

Clima[editar | editar a fonte]

As precipitacións son abondosas e superan os 1.500 mm anuais. A temperatura media é de 13 °C, se ben xea todo o ano excepto no verán.

Demografía[editar | editar a fonte]

O concello ocupa 157 km² e un terzo da poboación reside na capital, Ordes.

Historia[editar | editar a fonte]

Da época castrexa destacan o castro de Ceidón e o castro de Gosende nas proximidades do núcleo urbano, posuíndo todo o concello unha alta cantidade deste tipo de sitios arqueolóxicos.

Durante a Idade Media fixo parte do condado de Trastámara, e posteriormente dividiuse entre a xurisdición de Folgoso, do conde de Altamira, o couto de Faramilláns e as xurisdicións de Gorgullos e Montaos. Montaos foi doado por Afonso VII á catedral de Santiago de Compostela en 1124.

En 1544 Filipe II, de camiño a Compostela, fixo noite na Calle, na parroquia de Poulo, feito do que deixa constancia unha inscrición no lintel da porta.

O xeneral Juan Díaz Porlier tamén pasou a noite en Ordes, onde foi feito prisioneiro. Durante a guerra civil de 1833 producíronse enfrontamentos entre liberais e absolutistas e en 1846 pasou Miguel Solís coas tropas do Exército Libertador de Galicia.

Entre 1878 e 1880 editouse en Ordes o semanario El Fomento.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2018 12.632 habitantes
Menores de 15 anos 1.807 (14.30 %)
Entre 15 e 64 anos 7.848 (62.13 %)
Maiores de 65 anos 2.977 (23.57 %)
Evolución da poboación de Ordes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.260 8.205 10.450 11.076 12.287 12.868 12.948 12.963 12.939 12.844 12.776 12.669 12.580 12.632
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1960 produciuse unha emigración cara ás cidades máis próximas e cara a Europa, que freou na década de 1970. Na actualidade, un cuarto da poboación adícase ao sector primario (especialmente gando bovino para o sector lácteo).

No que se refire ó sector secundario ou industrial, destaca o sector téxtil e a construción. Segundo a web do Concello de Ordes, en 2011 había rexistradas 21 empresas adicadas á produción téxtil.

O sector terciario concéntrase na capital do concello e destacan empresas de comercio polo miúdo que dan servizo non só a Ordes senón tamén ós concellos da mancomunidade de Ordes, cun sector comercial máis reducido.

Mancomunidade de Ordes[editar | editar a fonte]

Ordes é a capital da mancomunidade de Ordes, composta tamén polos concellos de Trazo, Tordoia, Cerceda, Mesía, Frades e Oroso, cun total de 39.004 habitantes.

Espazos naturais[editar | editar a fonte]

A Zona especial de conservación (ZEC) do Río Tambre atravesa parte do suroeste do concello. O treito ordense acolle as augas e ribeiras do río Lengüelle desde o encoro de Vilagudín así como o río Cabrón e regos que tributan neste. Este espazo é de interese pola súa protección a estepas de gramíneas e os bosques de ribeira.[1]

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos[editar | editar a fonte]

Escolas[editar | editar a fonte]

Museos, bibliotecas e centros sociais[editar | editar a fonte]

Etnografía[editar | editar a fonte]

Feiras[editar | editar a fonte]

  • Feira semanal (ten lugar tódolos mércores) que ten lugar a entre a rúa do Muíño e a rúa da Feira, zona máis coñecida como o Campo da Feira.
  • Feira Multisectorial Expofegasa. Están representados distintos sectores (téxtil, agrícola queixo). Ten carácter anual e sempre coincide coa Festa do Champiñón.
  • Feira de Cans no Mesón do Vento. É unha feira de carácter anual de cans de caza.

Festas gastronómicas[editar | editar a fonte]

  • Festa do champiñón. Ten lugar en Ordes, xeralmente a última fin de semana de abril. Vense celebrando dende 1989 e coincide no tempo coa Feira Multisectorial Expofegasa.
  • Festa do lacón. Ten lugar no Mesón do Vento.

Festivais de música[editar | editar a fonte]

Festivais de arte urbana[editar | editar a fonte]

Festivais de curtametraxes[editar | editar a fonte]

Agrupacións folclóricas[editar | editar a fonte]

Asociacións culturais[editar | editar a fonte]

Banda de música[editar | editar a fonte]

Grupos musicais[editar | editar a fonte]

Grupos de teatro[editar | editar a fonte]

Deportes[editar | editar a fonte]

En Ordes, de forma federada pódense practicar diversos deportes como o fútbol, fútbol sala, hóckey a patíns, tenis de mesa ou pádel. A pesar de non haber ningún club de tríatlon, é salientable que o triatleta ordense Iván Raña chegou a ser campión do mundo. Foi o primeiro triatleta galego en conseguir un campionato do mundo da especialidade, o primeiro en vencer nunha proba da Copa do Mundo e en participar nuns Xogos Olímpicos.

Clubs de fútbol[editar | editar a fonte]

Clubs de Hóckey a patíns[editar | editar a fonte]

  • Club Patín Ordes, é o club máis laureado do concello, con numerosos títulos en categorías masculina e feminina.

Clubs de Pádel[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Ordes.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ordes

Ardemil (San Pedro) | Barbeiros (Santa María) | Beán (Santa María) | Buscás (San Paio) | Leira (Santa María) | Lesta (Santo André) | Mercurín (San Clemente) | Ordes (Santa María) | Parada (Santa Mariña) | Pereira (Santaia) | Poulo (San Xulián) | Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz) | Vilamaior (Santiago)

Lugares de Ordes[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ordes vexa: Lugares de Ordes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]