Meg Griffin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Personaxe de Family Guy
Megan Griffin
Vive en: Quahog, Rhode Island
Xénero: Feminino
Altura: 163 cm
Peso: 68 quilos
Pelo: Castaño
Idade: 17
Ocupación: Estudante
Relixión: Católica
Primeira aparición: "Death Has a Shadow"

Megan Griffin (usualmente chamada Meg) é unha personaxe da serie de animación estadounidense Family Guy. É a maior de tres irmáns, e a única filla. A súa vida é unha pescuda constante pola aceptación social, que non adoita conseguir debido, entre outras cousas, á actuación da súa familia.

Cando algo sae mal Peter non dubida en botarlle a culpa e ata agredila. Tempada a tempada parece que o seu rol na serie vaise esaxerando chegando a ser o chiste fácil e perdendo protagonismo. Para ter amigas fíxose pasar por lesbiana. No futuro, o cal visita Stewie, Meg cámbiase de sexo, chamándose Ron.