Luiz Gonzaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luiz Gonzaga
Nome completoLuiz Gonzaga do Nascimento
Nacemento13 de decembro de 1912
Lugar de nacementoExu
Falecemento2 de agosto de 1989
Lugar de falecementoRecife
Causadoenza cardiovascular
NacionalidadeBrasil
EtniaAfroamericano
Ocupacióncantante, percusionista, compositor de cancións, artista discográfico, intérprete e compositor
FillosGonzaguinha
PremiosOrde do Mérito Cultural e Prêmio da Música Brasileira
Na rede
http://www.gonzagao.com.br/
IMDB: nm0327426 Last fm: Luiz+Gonzaga Musicbrainz: 712fcc0f-25f5-45bf-bbb8-2601872d08e1 Discogs: 322175 Allmusic: mn0000316340 WikiTree: Do_Nascimento-26 Genius: Luiz-gonzaga Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Busto na entrada do Museo Luiz Gonzaga, en Caruaru (Pernambuco).
Estatua de bronce que, xunto con Jackson do Pandeiro, fica de fronte ao Açude Velhom, en Campina Grande (Paraíba).

Luiz Gonzaga do Nascimento[1], nado en Exu o 13 de decembro de 1912 e finado en Recife o 2 de agosto de 1989, foi un compositor popular brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha facenda chamada Caiçara, ao pé da Serra de Araripe, na zona rural de Exu, no interior de Pernambuco. O lugar sería lembrado anos máis tarde en "Pé de Serra", unha das súas primeiras composicións. Seu pai, Januário, traballaba na roza, nun latifundio, e nas horas vagas tocaba o acordeón. Foi con el con quen Luiz Gonzaga aprendeu a tocalo. Non era aínda un mozo cando comezou a se presentar en bailes e feiras, nun principio na compaña do seu pai. Auténtico representante da cultura nordestina, mantívose fiel ás súas orixes mesmo continuando coa carreira musical no sur do Brasil. O xénero musical que o consagrou foi o que en portugués se denomina baião. A canción emblemática da súa carreira foi Asa Branca, que compuxo en 1947, en colaboración co avogado cearense Humberto Teixeira.

Aos dezaoito anos fuxiu de casa e ingresou no exército en Crato, Ceará. A partir de aí, durante nove anos viaxou por varios estados brasileiros, como soldado. En Juiz de Fora, Minas Xerais, coñeceu a Domingos Ambrósio, tamén soldado e coñecido na rexión pola súa destreza coa zanfona, de quen recibiu importantes leccións musicais.

En 1939 deuse de baixa do exército no Río de Xaneiro, decidido a se dedicar á música. Na entón capital do Brasil, comezou a tocar na zona do meretricio. No inicio da carreira, apenas se amañaba co acordeón, interpretando sambas, fox e outros xéneros da época. O seu repertorio estaba composto basicamente por músicas estranxeiras que presentaba, sen éxito, en programas para principiantes, até que, no programa de Ary Barroso, foi aplaudido executando "Vira e Mexe" (o primeiro disco que gravou en 78 rpm), un tema de sabor rexional, da súa autoría. Veu de aí a súa primeira contratación na Radio Nacional.

O 11 de abril de 1945, Luiz Gonzaga gravou a súa primeira canción como cantante, no estudio da RCA Victor: a mazurca Dança Mariquinha en colaboración con Saulo Augusto Silveira Oliveira.

En 1948 casou coa pernambucana Helena Cavalcanti, profesora que se convertera na súa secretaria particular. Non tivo fillos.

Morreu, vítima dunha parada cardiorrespiratoria, no Hospital Santa Joana, na capital pernambucana, e foi sepultado no seu municipio natal.

Éxitos[editar | editar a fonte]

  • A dança da moda, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1950)
  • A feira de Caruaru, Onildo Almeida (1957)
  • A letra I, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1953)
  • A morte do vaqueiro, Luiz Gonzaga e Nelson Barbalho (1963)
  • A triste partida, Patativa do Assaré (1964)
  • A vida do viajante, Hervé Cordovil e Luiz Gonzaga (1953)
  • Acauã, Zé Dantas (1952)
  • Adeus, Iracema, Zé Dantas (1962)
  • Á-bê-cê do sertão, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1953)
  • Adeus, Pernambuco, Hervé Cordovil e Manezinho Araújo (1952)
  • Algodão, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1953)
  • Amanhã eu vou, Beduíno e Luiz Gonzaga (1951)
  • Amor da minha vida, Benil Santos e Raul Sampaio (1960)
  • Asa-branca, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1947)
  • Assum-preto, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1950)
  • Ave-maria sertaneja, Júlio Ricardo e O. de Oliveira (1964)
  • Baião, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1946)
  • Baião da Penha, David Nasser e Guio de Morais (1951)
  • Beata Mocinha, Manezinho Araújo e Zé Renato (1952)
  • Boi bumbá, Gonzaguinha e Luiz Gonzaga (1965)
  • Boiadeiro, Armando Cavalcanti e Klécius Caldas (1950)
  • Cacimba Nova, José Marcolino e Luiz Gonzaga (1964)
  • Calango da lacraia, Jeová Portela e Luiz Gonzaga (1946)
  • Chofer de praça, Evaldo Ruy e Fernando Lobo (1950)
  • Cigarro de paia, Armando Cavalcanti e Klécius Caldas (1951)
  • Cintura fina, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1950)
  • Cortando pano, Jeová Portela, Luiz Gonzaga e Miguel Lima (1945)
  • Dezessete légua e meia, Carlos Barroso e Humberto Teixeira (1950)
  • Feira de gado, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1954)
  • Firim, firim, firim, Alcebíades Nogueira e Luiz Gonzaga (1948)
  • Fogo sem fuzil, José Marcolino e Luiz Gonzaga (1965)
  • Fole gemedor, Luiz Gonzaga (1964)
  • Forró de Mané Vito, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1950)
  • Forró de Zé Antão, Zé Dantas (1962)
  • Forró de Zé do Baile, Severino Ramos (1964)
  • Forró de Zé Tatu, Jorge de Castro e Zé Ramos (1955)
  • Forró no escuro, Luiz Gonzaga (1957)
  • Fuga da África, Luiz Gonzaga (1944)
  • Hora do adeus, Luiz Queiroga e Onildo Almeida (1967)
  • Imbalança, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1952)
  • Jardim da saudade, Alcides Gonçalves e Lupicínio Rodrigues (1952)
  • Juca, Lupicínio Rodrigues (1952)
  • Lascando o cano, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1954)
  • Légua tirana, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1949)
  • Lembrança de primavera, Gonzaguinha (1964)
  • Liforme instravagante, Raimundo Granjeiro (1963)
  • Lorota boa, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1949)
  • Moda da mula preta, Raul Torres (1948)
  • Moreninha tentação, Sylvio Moacyr de Araújo e Luiz Gonzaga (1953)
  • No Ceará não tem disso, não, Guio de Morais (1950)
  • No meu pé de serra, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1947)
  • Noites brasileiras, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1954)
  • Numa sala de reboco, José Marcolino e Luiz Gonzaga (1964)
  • O maior tocador, Luiz Guimarães (1965)
  • O xote das meninas, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1953)
  • Ô véio macho, Rosil Cavalcanti (1962)
  • Óia eu aqui de novo, Antônio Barros (1967)
  • Olha pro céu, Luiz Gonzaga e Peterpan (1951)
  • Ou casa, ou morre, Elias Soares (1967)
  • Ovo azul, Miguel Lima e Paraguaçu (1946)
  • Padroeira do Brasil, Luiz Gonzaga e Raimundo Granjeiro (1955)
  • Pão-duro, Assis Valente e Luiz Gonzaga (1946)
  • Pássaro carão, José Marcolino e Luiz Gonzaga (1962)
  • Pau-de-arara, Guio de Morais e Luiz Gonzaga (1952)
  • Paulo Afonso, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1955)
  • Pé de serra, Luiz Gonzaga (1942)
  • Penerô xerém, Luiz Gonzaga e Miguel Lima (1945)
  • Perpétua, Luiz Gonzaga e Miguel Lima (1946)
  • Piauí, Sylvio Moacyr de Araújo (1952)
  • Piriri, Albuquerque e João Silva (1965)
  • Quase maluco, Luiz Gonzaga e Victor Simon (1950)
  • Quer ir mais eu?, Luiz Gonzaga e Miguel Lima (1947)
  • Quero chá, José Marcolino e Luiz Gonzaga (1965)
  • Padre sertanejo, Helena Gonzaga e Pantaleão (1964)
  • Respeita Januário, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1950)
  • Riacho do Navio, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1955)
  • Sabiá, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1951)
  • Sanfona do povo, Luiz Gonzaga e Luiz Guimarães (1964)
  • Sanfoneiro Zé Tatu, Onildo Almeida (1962)
  • São-joão na roça, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1952)
  • Siri jogando bola, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1956)
  • Vem, morena, Luiz Gonzaga e Zé Dantas (1950)
  • Vira-e-mexe, Luiz Gonzaga (1941)
  • Xanduzinha, Humberto Teixeira e Luiz Gonzaga (1950)
  • Xote dos cabeludos, José Clementino e Luiz Gonzaga (1967)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a ortografía vixente o correcto hoxe sería Luís Gonzaga.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]