Kylie Minogue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kylie Minogue
Nome completoKylie Ann Minogue
Nacemento28 de maio de 1968
Lugar de nacementoMelbourne
NacionalidadeAustralia e Reino Unido
Alma máterCamberwell High School
Ocupaciónactriz de televisión, actriz, cantante, actriz de cinema, produtora, compositora de cancións, cantautora, compositora, deseñador de moda, escritora, emprendedora e filántropa
CónxuxeJoshua Sasse
IrmánsDannii Minogue
Coñecida porVeciños, I Should Be So Lucky e Locomotion / Glad to be Alive
Premioscabaleiro da orde das Artes e as Letras, oficial da Orde do Imperio Británico, Medalha do Centenário, Gold Logie Award for Most Popular Personality on Australian Television, BRIT Award for International Female Solo Artist, BRIT Award for International Female Solo Artist, Australian National Living Treasure, Amadeus Austrian Music Awards, Officer of the Order of Australia, Ordem da Austrália e Orde do Imperio Británico
Na rede
https://www.kylie.com/
IMDB: nm0001541 Allocine: 21287 Rottentomatoes: celebrity/kylie_minogue Allmovie: p197071 Metacritic: person/kylie-minogue TV.com: people/kylie-minogue
Facebook: kylieminogue Twitter: kylieminogue Instagram: kylieminogue Tumblr: kylieminogue MySpace: kylieminogue Youtube: UCyd8nl1opqfEVwJer32vURA TikTok: kylieminogue Souncloud: kylie-minogue-official Spotify: 4RVnAU35WRWra6OZ3CbbMA iTunes: 465031 Last fm: Kylie+Minogue Musicbrainz: 2fddb92d-24b2-46a5-bf28-3aed46f4684c Songkick: 345678 Discogs: 13608 Allmusic: mn0000776093 WikiTree: Minogue-36 Deezer: 479 Genius: Kylie-minogue Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kylie Minogue, nada en Melbourne o 28 de maio de 1968, é unha cantante de música pop australiana. Leva vendidos máis de 60 millóns de discos ao longo da súa carreira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia dedicada ao teatro, o que lle levou nos seus inicios a participar en varias series da televisión australiana. O seu principal traballo foi na serie Neighbours, unha das de maior éxito naquel país. Mentres traballaba nesta serie, xurdiulle a oportunidade de gravar o tema "The Loco-Motion", para Mushroom Records. O resultado foi tan bo, que editaron un sinxelo que saíu á venda e o tema permaneceu durante sete semanas como número un das listas australianas.

Alcanzou a fama a finais dos anos 80 como resultado do seu papel na serie de televisión australiana Neighbours (Veciños), antes de comezar a súa carreira como cantante pop e artista. A súa irmá, Dannii Minogue, tamén é cantante.

Logo de asinar un contrato cos compositores e produtores discográficos Stock, Aitken e Waterman, Minogue conseguiu unha cadea de éxitos a nivel internacional, pero a súa popularidade empezou a declinar a comezos dos anos 90, levándoa a separarse da compañía de Stock, Aitken e Waterman en 1992. Durante varios anos intentou establecerse como intérprete e compositora independente, distanciándose dos seus traballos iniciais. Durante esta etapa de exploración persoal, colaborou coa banda australiana Nick Cave & The Bad Seeds coa canción "Where the Wild Roses Grow", que tivo grande éxito en Australia.

No ano 2000, volveu á popularidade como artista dance-pop. Co seu regreso ao número 1 das listas co seu sinxelo "Spinning Around" e a súa presentación nas Olimpíadas do 2000, Kylie e Madonna convertéronse nas únicas cantantes femininas en ter números 1 nos anos 80, 90 e 2000.

En Australia ostenta o récord de maior número de entradas de concerto vendidas por unha intérprete feminina, e foi a única en colocar nove singles no posto número un das listas australianas. No ano 2002 o seu álbum Fever chegou a multiplatino mundial e levou a cabo o seu tour "KylieFever2002".

No ano 2003 Kylie regresou con novo álbum; despois do sinxelo "Slow" (cuxa coautora foi a cantante islandesa Emilíana Torrini), o álbum chegou a vender máis de 2 millóns de copias. En 2004 gañou o Grammy na categoría 'Best Dance Recording' pola súa canción "Come Into My World".

Para celebrar 17 anos de carreira musical Kylie sacou á venda Ultimate Kylie unha compilación coas cancións que marcaron a súa carreira durante as últimas 2 décadas.

En novembro de 2007, Kylie publicou o seu décimo álbum de estudio, X, e o seu primeiro single, "2 Hearts", foi todo un éxito nas listas de vendas, incluído a española, onde chegou ao número 1 dos singles máis vendidos durante máis dun mes.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Kylie (1988)
  • Enjoy Yourself (1989)
  • Rhythm of Love (1990)
  • Let's Get to It (1991)
  • Greatest Hits (1992)
  • Kylie Minogue (1994)
  • Impossible Princess (1997)
  • Intimate And Live (1998)
  • Light Years (2000)
  • Fever (2001)
  • Body Language (2003)
  • Ultimate Kylie (2005)
  • ShowGirl Homecoming Live In Sydney (2007)
  • X (2007)
  • Aphrodite (2010)
  • Kiss Me Once (2014)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]