Katy Perry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKaty Perry

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Katheryn Elizabeth Hudson Editar o valor em Wikidata
25 de outubro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Santa Bárbara, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
3 de decembro de 2013 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesKaty Perry Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónDos Pueblos High School (en) Traducir
Santa Barbara City College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1.700 mm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosBlue-gray (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , guitarrista , modelo , bailarina , empresaria , produtora musical , actriz de dobraxe , autobiógrafa , actriz , filántropa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUNICEF Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, música rock, pop rock, música para bailar, Synthpop, electropop (pt) Traducir e Gospel Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado330 M$ (2021) Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPamplin Music (pt) Traducir
Capitol Records
Columbia Records
The Island Def Jam Music Group
Island Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRussell Brand (2010–2012), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaOrlando Bloom (2016–)
Diplo (2014–2015)
John Mayer (pt) Traducir (2012–2014)
Travis McCoy (pt) Traducir (2006–2008) Editar o valor em Wikidata
FillosDaisy Dove Bloom (en) Traducir
 () Orlando Bloom Editar o valor em Wikidata
PaisKeith Hudson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Perry (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDavid Hudson (pt) Traducir e Angela Hudson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesFrank Perry (maternal uncle (en) Traducir)
Frank Joseph Perry, Sr. (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webkatyperry.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2953537 Allocine: 424661 Rottentomatoes: celebrity/katy_perry Allmovie: p676755 TCM: 11322154 Metacritic: person/katy-perry TV.com: people/katy-perry
Facebook: katyperry Twitter: katyperry Instagram: katyperry Tumblr: katyperryblog VK: public165087644 MySpace: katyperry Snapchat: katyperry Youtube: UCYvmuw-JtVrTZQ-7Y4kd63Q Pinterest: katyperry TikTok: katyperry Souncloud: katyperry Spotify: 6jJ0s89eD6GaHleKKya26X iTunes: 64387566 Last fm: Katy+Perry Musicbrainz: 122d63fc-8671-43e4-9752-34e846d62a9c Songkick: 1134363 Discogs: 971243 Allmusic: mn0000859589 WikiTree: Hudson-4032 Deezer: 144227 Genius: Katy-perry Editar o valor em Wikidata

Katheryn Elizabeth Hudson, nada o 25 de outubro de 1984 en Santa Bárbara (California), é unha cantante, compositora, bailarina e xurado televisiva estadounidense, coñecida artisticamente como Katy Perry.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Katy Perry, 2012.

Logo de cantar na Igrexa durante a súa infancia, comezou a súa carreira musical sendo adolescente cantando gospel. Firmou coa discográfica Red Hill Records e lanzou o seu álbum debut Katy Hudson (o título do álbum é o seu nome orixinal) en 2001. Non obstante, este álbum non tivo éxito. O ano seguinte, mudouse a Os Ánxeles para probar un novo estilo de música separado do seu pasado relixioso logo do peche de Red Hill Records, e así comezou a traballar con produtores como Glen Ballard, Dr. Luke, ou Max Martin. Logo de adoptar o nome artístico de Katy Perry e de deixar The Island Def Jam Music Group e Columbia Records, firmou un contrato coa discográfica Capitol Records en abril do ano 2007. Perry alcanzou a fama en 2008 co seu segundo álbum musical, One of the Boys (Un dos rapaces), un disco pop rock que contiña os singles "I Kissed a Girl" (Biquei unha rapaza) e "Hot n Cold" (Quente e frío). O seu terceiro álbum, Teenage Dream (Soño adolescente) lanzado no ano 2010, atreveuse cun estilo disco, e foi o seu primeiro álbum en chegar ao número un na listaxe estadounidense dos Billboard Hot 100 grazas aos singles "California Gurls" (Chicas californianas), "Teenage Dream" (Soño adolescente), "Firework" (Fogo artificial), e "Last Friday Night (T.G.I.F)" (A noite do venres pasado) mentres "The One That Got Away" (O que se escapou) alcanzou o posto número tres. Este álbum converteuse no primeiro álbum dunha artista feminina en conseguir cinco números un nos Estados Unidos, e o segundo álbum en xeral en obter este recoñecemento logo do álbum Bad de Michael Jackson. No ano 2012, Perry reeditou o álbum co nome de Teenage Dream: The Complete Confection, contendo as cancións "Part of Me" (Parte de min) e "Wide Awake" (Completamente desperto). O seu seguinte ábum foi Prism (Prisma) publicado no ano 2013, o cal se converteu no seu segundo álbum en chegar á cima das clasificacións estadounidenses. Contén influencias dos estilos pop e dance, e con el Perry converteuse na primeira artista en obter un billón de visitas en múltiples vídeos no canal Vevo; ditos vídeos foron: "Roar" e "Dark Horse" (Cabalo Escuro). Continuou a súa produción musical no ano 2017 co álbum Witness (Testemuña), o cal indagou no estilo do electropop e se converteu no seu terceiro álbum en acadar o número un nos Estados Unidos. "Chained to the Rhythm" (Encadeado ao ritmo) foi o single máis exitoso do álbum, rompendo o récord de Spotify do maior número de reproducións no primeiro día de emisión dunha canción dunha artista feminina.

Perry recibiu varios premios, incluíndo catro Guiness World Records, cinco American Music Awards, un Brit Award, e un Juno Award. Foi incluída na listaxe anual de Forbes das mulleres máis ricas no mundo da música dende o ano 2011 ata o ano 2018. O seu patrimonio neto estimado é de $125 million no ano 2016. É unha das artistas musicais con maior número de vendas en todos os tempos, vendendo máis de 18 millóns de copias de álbums e 125 millóns de sinxelos mundialmente durante a súa carreira.

No referido á industria cinematográfica, lanzou un documental autobiográfico titulado Katy Perry: Part of Me (Katy Perry: unha parte de min) no ano 2012 e tamén participou como actriz de doblaxe de Pitufina no filme dos Pitufos do ano 2011 e na súa continuación no ano 2013.

Perry tamén ocupa o cargo de xuíza no programa American Idol dende o ano 2018.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Katy Perry é a filla mediana de dous pastores evanxélicos, tendo unha irmá máis vella (Angela) e un irmán máis novo (David).

Katy Perry comezou a cantar na súa igrexa desde os nove até os dezaseis anos. Perry, medrou escoitando música gospel. Asistiu a escolas cristiás e campamentos. Como un rapaza calquera, Katy Perry, aprendeu a bailar nunha sala de Santa Bárbara. Ela estivo a cargo de bailaríns e comezou co swing, Lindy Hop, e jitterbug. Ao cabo, decidiu abandonar a escola para seguir unha carreira na música. Recibiu así mesmo clases de canto e durante un tempo estudou ópera italiana.

O 4 de marzo de 2020 colgou na súa páxina de Youtube unha nova canción e vídeo, no cal confirmou o seu embarazo. Momentos despois da publicación do vídeo, fixo unha emisión en directo na súa páxina de Instagram na cal confirmou que no verán do 2020 sacaría un novo álbum: darei a luz literal e figuradamente.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de Estudio
  • Katy Hudson (2001)
  • One of the Boys (2008)
  • Teenage Dream (2010, reeditado no 2012 como Teenage Dream: The Complete Confection)
  • Prism (2013)
  • Witness (2017)
EPs
  • Ur So Gay (2004)
  • The Hello Katy Australian Tour EP (2009)
Outros Discos
  • Katy Perry (2004)
  • The Matrix (2004)

Tours[editar | editar a fonte]

  • Hello Katy Tour (2009)
  • California Dreams Tour (2011-2012)
  • Prismatic World Tour (2014-2015)
  • Witness: The Tour (2017-2018)

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • The Smurfs (2011)
  • Katy Perry: Part of Me (2012)
  • The Smurfs 2 (2013)
  • Brand: A Second Coming (2015)
  • Katy Perry: The Prismatic World Tour (2015)
  • Katy Perry: Making of the Pepsi Super Bowl Halftime Show (2015)
  • Jeremy Scott: The People's Designer (2015)
  • Zoolander 2 (2016)
  • Popstar: Never Stop Never Stopping (2016)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]