Guinea Ecuatorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGuinea Ecuatorial
República de Guinea Ecuatorial (es)
République de Guinée équatoriale (fr)
República da Guiné Equatorial (pt) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

HimnoCaminemos pisando las sendas de nuestra inmensa felicidad Editar o valor em Wikidata

Lema«Unity, Peace, Justice (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aGolfo da Guinea e Ecuador terrestre Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 1°30′N 10°00′L / 1.5, 10Coordenadas: 1°30′N 10°00′L / 1.5, 10
CapitalMalabo (–2020) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.267.689 (2017) Editar o valor em Wikidata (45,19 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
lingua francesa
lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie28.051 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico Basilé (3.011 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de outubro de 1968 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• President of Equatorial Guinea (en) Traducir Editar o valor em WikidataTeodoro Obiang Nguema Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-ministro da Guiné Equatorial (pt) Traducir Editar o valor em WikidataManuela Roka Botey (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Equatorial Guinea (en) Traducir , (Escano: 170) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal12.269.393.392 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedafranco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gq Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+240 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 115, 113 e 114 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísGQ Editar o valor em Wikidata

Páxina webguineaecuatorialpress.com Editar o valor em Wikidata

A Guinea Ecuatorial[1][2] (en francés: Guinée équatoriale; en portugués: Guiné Equatorial) é un país da África central, e un dos países máis pequenos da África continental, cunha área de 28 000 km². Antigamente foi unha colonia española coñecida como Guinea Española, e obtivo a súa independencia o 12 de outubro de 1968. O nome que adoptou o país tras obter a súa independencia débese á proximidade co Ecuador e a estar situado no golfo da Guinea. Guinea Ecuatorial é o único estado soberano africano no que o castelán é a lingua oficial. No ano 2015, o país tiña unha poboación estimada de 1 222 245 persoas.[3]

Guinea Ecuatorial componse de dúas partes, unha insular e outra continental. A rexión insultar componse das illas de Bioko (antiga Fernando Pó) no Golfo de Guinea e Annobón, unha pequena illa volcánica que é a única zona do país situada ó sur do ecuador. A illa de Bioko é a zona máis setentrional de Guinea Ecuatorial e é onde se atopa a capital do país, Malabo. A nación lusófona de San Tomé e Príncipe atópase entre Bioko e Annobón. A rexión continental, Río Muni, limita co Camerún polo norte e con Gabón polo sur e leste. No continente atópase Bata, a meirande cidade do país, e Ciudad de la Paz, a futura capital do país. Río Muni tamén inclúe numerosas illas pequenas, como Corisco, Elobey Grande e Elobey Chico. O país é membro da Unión Africana, da Francofonía, da OPEC e da CPLP.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da Guinea Ecuatorial.

Ao explorador portugués Fernãou do Pó, que estaba buscando unha ruta á India, acredítaselle o descubrimento da illa de Bioko en 1471. Chamouna Flor Formosa ("Flor Fermosa"), pero máis tarde tomaría o nome do seu descubridor. As illas de Fernando Poo e Annobón foron colonizadas polos portugueses en 1474. Os portugueses retiveron o control ata 1778, cando as illas foron cedidas a España en intercambio a territorios en Suramérica. Entre 1926 e 1959 unifícase a colonia baixo o nome de Guinea Española. En 1968 obtivo a independencia de España

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Nominalmente, a Guinea Ecuatorial é unha democracia constitucional desde 1991. Con todo, a realidade política do país é a ditadura unipartidista e persoal de Teodoro Obiang Nguema, no poder desde o 3 de agosto de 1979, cando liderou un golpe de estado contra o seu tío, Francisco Macías Nguema, e que se perpetúa na presidencia falseando os resultados electorais. O sistema político da Guinea Ecuatorial foi definido como "Democratura" polo Profesor Max Liniger-Gourmaz, mentres que outros analistas coinciden en sinalar que se trata dunha dinastía de facto.

As eleccións presidenciais realízanse cada sete anos (a última delas tivo lugar o 15 de decembro de 2002, e a próxima será en decembro de 2009) e nelas votan todas as persoas maiores de 18 anos. O presidente, á súa vez, nomea o primeiro ministro (actualmente, Ricardo Mangue Obama Nfubea). Hai unha soa cámara lexislativa, practicamente decorativa e sen poder real, (a Cámara de Representantes do Pobo), composta por 100 representantes elixidos, en teoría por voto popular directo, para unha lexislatura de cinco anos. Dos 100 escanos, 98 corresponden na actual lexislatura ao partido único da ditadura, o PDGE (Partido Democrático da Guinea Ecuatorial).

Desde a toma do poder por parte de Teodoro Obiang Nguema sucédense os asasinatos políticos e as desaparicións así como as parodias de xuízos que destacan pola ausencia de garantías procesuais. Os informes de Amnistía Internacional e outros organismos independentes reportan, desde hai anos, unha estremecedora realidade en canto a detencións arbitrarias, horribles torturas, mallamentos e mortes en detención.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

A Guinea Ecuatorial está dividida administrativamente en sete provincias:

Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial Identificación Bandeira Provincia Nº de concellos Capital Superficie (km²) Poboación
1 Annobón 2 San Antonio de Palé 17 20.741
2 Bioko Norte 3 Malabo 776 410.541
3 Bioko Sur 2 Luba 1.241 181.525
4 Centro Sur 5 Evinayong 9.931 202.054
5 Kié-Ntem 6 Ebebiyín 3.949 238.548
6 Litoral 7 Bata 6.645 400.415
7 Wele-Nzas 7 Mongomo 5.478 318.451

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Mbini.
Mapa de Annobón e Bioko.

A Guinea Ecuatorial atópase situada na África ecuatorial, especificamente no golfo da Guinea. Comprende unha Rexión Continental (Río Muni) e unha Rexión Insular (illas do golfo da Guinea e da Baía de Corisco.

A Rexión Continental (Río Muni) atópase entre o Camerún e Gabón. O seu territorio está formado por altiplanos, accidentados por algúns macizos que van descendendo ata a costa, que polo xeral é baixa e areúda.

A Rexión Insular comprende da antiga illa de Fernando Poo, posteriormente Macías Nguema e, máis tarde, Bioko (situada a 40 km da costa leste do Camerún), a illa Annobón (a 595 km ao suroeste de Bioko, interpoñéndose entre elas as illas de San Tomé e Príncipe), así como as illas de Corisco, Elobey Grande e Elobey Pequeno (situadas na Baía de Corisco fronte ás costas de Gabón).

Economía[editar | editar a fonte]

É estado membro de CEMAC. A moeda de curso legal é o Franco CFA. A riqueza principal da Guinea Ecuatorial é o petróleo e os seus derivados, cunha extracción estimada de 300.000 barrís de petróleo diarios, a explotación de madeiras nobres, a agricultura, con produtos como o algodón, café, a cana de azucre, froitas tropicais etc. Tamén se debe destacar a gandería debido á existencia de terras altas aptas para o vacún, e os minerais, en particular os metais preciosos, cuxo comercio informal é destacable.

Desde final do século XX, coa explotación de xacementos petrolíferos, a renda per cápita aumentou espectacularmente, aínda que non a repartición de devandita renda posto que a riqueza procedente do petróleo, segundo a Asociación pola Solidariedade Democrática coa Guinea Ecuatorial, canalízase nun 98% cara ás compañías mineiras, principalmente norteamericanas e francesas, así como á familia de Teodoro Obiang Nguema, actual ditador do país. A exportación de barrís por habitante é similar á de Kuwait.

A pesar da alta renda per cápita relativa, a inmensa maioría dos cidadáns da Guinea Ecuatorial viven baixo limiares de miseria, destacando a escasa ou nula atención médica. A Ditadura de Teodoro Obiang Nguema converteu á Guinea Ecuatorial no centro do tráfico de drogas de África Occidental e levou ao país á clasificación dos máis corruptos do Planeta.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras da FAO, 2005). Poboación en miles de habitantes.

A Guinea Ecuatorial ten unha poboación de carácter novo (o 45% non supera os 15 anos) cunha taxa de natalidade arredor do 42 por mil e unha mortalidade do 16 por mil. A esperanza de vida é de 49 anos para os homes e 53 para as mulleres. Só un 4% da poboación ten máis de 65 anos.

A taxa de alfabetización nos adultos estaba en 1992 no 52%, pero subiría a un 80% para 1999.

A maioría da poboación vive nas zonas rurais.

Etnografía[editar | editar a fonte]

A poboación nacional, que representa o 99% da poboación, é esencialmente bantú (fang) en Mbini e bubi en Bioko. Os principais grupos étnicos distribúense da seguinte forma: fang (72% da poboación, en Mbini), bubi (15%, en Bioko), fernandinos (en Bioko), bisios e ndowes na Rexión Continental, antiga provincia de Río Muni e annobonenses na Illa de Annobón, o único territorio do país no Hemisferio Sur. A minoría predominante doutra raza constitúena os brancos europeos de ascendencia española. A Guinea Ecuatorial recibiu asiáticos e negro-africanos doutros países para que traballasen nas plantacións de cacao e café. Outros negro-africanos proceden de Liberia, Angola e Mozambique, e asiáticos que son maioritariamente chineses. Así mesmo, chegaron ao país comunidades británicas, francesas e alemás. De todos estes arribos, os únicos que non se adaptaron optimamente á lingua española foron os franceses, xa que o seu idioma é cooficial.

Logo da independencia, miles de ecuatoguineanos partiron a España. Ao redor de 100,000 ecuatoguineanos foron ao Camerún, Gabón e Nixeria por mor da ditadura de Francisco Macías Nguema. Moitas das súas comunidades viven no Brasil, moitos países hispanoamericanos, Estados Unidos, Portugal e Francia.

Linguas[editar | editar a fonte]

Os idiomas oficiais son o castelán (castelán ecuatoguineano), tal como o recolle a Constitución do país, o francés e o portugués.[4] A meirande parte dos ecuatoguineanos fala castelán (aínda que moitas veces como segunda lingua). A rexión con maior coñecemento do castelán é Malabo. O castelán é o idioma oficial dende 1844, aínda que durante un breve período nos anos 1970, o castelán foi declarado lingua "importada" e prohibiuse o seu uso (sendo substituído polo fang). A partir do 3 de agosto de 1979, trala abolición da Constitución de 1973, volveuse declarar lingua oficial. Actualmente, en Guinea Ecuatorial apostouse pola fundación no país dunha Academia Ecuatoguineana da Lingua Española, a cal foi finalmente creada en outubro de 2013; o establecemento dun programa que reforce a difusión do castelán nos medios de comunicación social e o reforzo dos cursos de castelán para estranxeiros xa estabelecidos pola Universidade Nacional de Guinea Ecuatorial.[5]

Unha lei constitucional de 1998, que modifica o artigo 4 da Lei Fundamental do Estado, estabelece que as linguas oficiais da República de Guinea Ecuatorial son o castelán e o francés. O francés adoptouse como lingua oficial, aínda que na práctica o seu uso é moi minoritario e adoptouse para pertencer á comunidade de estados francófonos, cos beneficios de aperturas de mercado que supón, incluída a adopción do franco CFA. Recoñécense as linguas autóctonas como integrantes da cultura nacional (Lei constitucional n.º 1/1998 do 21 de xaneiro): o fang falado por case 300 mil persoas como lingua materna e tamén se fala en zonas do Camerún, Gabón e a República Democrática do Congo (o número total de falantes o millón); o bubi (en Bioko, 40 mil falantes); o annobonense na illa de Annobón (9 mil falantes); o balengue na Rexión Continental (mil falantes); o ibo e o inglés crioulo (pichinglis), tamén en Bioko. A lingua ndowé (tamén chamada kombe ou ngumbi) pertence ao grupo dos ndowé situados na zona costeira da parte continental do país e é falada por 4 mil persoas. Outras linguas importantes son o kwasio (tamén chamado bisio ou bujeba) con case 9 mil falantes e o seki con 11 mil falantes.

En xullo de 2007, Teodoro Obiang anunciou a decisión de que o portugués se convertese en idioma cooficial de Guinea Ecuatorial, para satisfacer os requirimentos para solicitar a calidade de membro pleno da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), porén, o seu uso é practicamente inexistente (agás na illa de Annobón, onde se fala o annobonense, un idioma crioulo derivado do portugués). En xullo de 2012, a CPLP rexeitou a solicitude de Guinea Ecuatorial, por mor das constantes violacións dos dereitos humanos no país. Finalmente foi admitida en 2014.

Relixión[editar | editar a fonte]

A gran maioría da poboación é formalmente católica (80,1%), aínda que se profesan outras relixións cristiás (6,8%). As relixións dos antigos habitantes denominadas baixo o apelativo de animismo son practicadas en diverso grao pola maioría, e existe unha minoría islámica (4%).

Cidades[editar | editar a fonte]

Destacan dúas cidades: Malabo, capital do estado con 155 000 habitantes, situada en Bioko; e Bata, cidade na rexión continental con 173 000 habitantes.

Nomes[editar | editar a fonte]

Os ecuatoguineanos tenden a ter un nome español e un nome africano. Cando o escriben, o nome español é seguido polo africano e polo apelido do pai e o da nai.

Cultura[editar | editar a fonte]

O país posúe unha universidade, a Universidade Nacional da Guinea Ecuatorial (UNGE) con campus en Malabo e unha Facultade de Medicina en Bata. A Facultade de Medicina de Bata está apoiada principalmente por Cuba, cuxo goberno cede aos profesores e médicos do centro. A Universidade Nacional de Educación a Distancia española conta tamén cunha sede en Malabo e outra en Bata.

No país están activas varias organizacións culturais (o Centro Cultural Hispano-Guineano e outros) cuxo fin principal é a alfabetización e promoción cultural da poboación. A maioría do apoio económico neste sentido provén do goberno español.

Literatura[editar | editar a fonte]

Os principais autores do país son:

Festas nacionais
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo
15 de agosto Día da Constitución
12 de outubro Día da Independencia
10 de decembro Día dos Dereitos Humanos
25 de decembro Nadal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ecuatoguineano.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  3. "INEGE | INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA DE GUINEA ECUATORIAL". www.inege.gq (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2017. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  5. Real Academia Española. "Congresos internacionais da lingua española: Guinea Ecuatorial". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Max Liniger-Goumaz, Small Is Not Always Beautiful: The Story of Equatorial Guinea ISBN 0-389-20861-2.
  • Ibrahim K. Sundiata, Equatorial Guinea: Colonialism, State Terror, and the Search for Stability (1990, Boulder: Westview Press) ISBN 0-8133-0429-6.
  • Robert Klitgaard. 1990. Tropical Gangsters. Nova York: Basic Books. (World Bank economist tries to assist pre-oil Equatorial Guinea) ISBN 0-465-08760-4.
  • D.L. Claret. Cien años de evangelización en Guinea Ecuatorial (1883–1983) / One Hundred Years of Evangelism in Equatorial Guinea (1983, Barcelona: Claretian Missionaries).
  • Adam Roberts, The Wonga Coup: Guns, Thugs and a Ruthless Determination to Create Mayhem in an Oil-Rich Corner of Africa (2006, PublicAffairs) ISBN 1-58648-371-4.