Galegos nos Xogos Olímpicos de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos do Río 2016 estivo composta por 14 deportistas integrados no equipo olímpico español.[1] O resultado final foi dunha medalla de ouro (Cristian Toro) e seis diplomas olímpicos.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A maior participación de galegos nas olimpíadas deuse tanto en Barcelona 92 como en Sydney 2000 con 17 deportistas en ambas convocatorias. Nestas de Río foron tres competidores máis dos que participaron nos anteriores xogos. Daquela (2012) foron 11 os participantes, cunha colleita de 5 medallas.

Participantes[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa a lista dos galegos que participaron nas diversas probas da cita olímpica carioca:[2]

Deporte Deportista Proba Resultado
Tiro con arco Miguel Alvariño Diana aire libre (ind. e eq.) Individual: chegou a dezaseisavos de final
Por equipos: 9º posto
Natación María Vilas Vidal 400 m estilos; 800 m libres 400m: 4:42.52 na eliminatoria (non cualificada)
800 m: 8:36.43 na eliminatoria (non cualificada)
Rugby Vanesa Rial Rugby a 7 fem. 7º posto
Paula Medín
Vela Fernando Echávarri Nacra 17 33:10 na serie de apertura (non cualificado)
Vela Támara Echegoyen 49er FX 4ª (60 puntos)
Vela Iago López Marra 49er 9º (120 puntos)
Atletismo Frank Casañas Lanzamento de disco 59,96 m na eliminatoria (non cualificado)
Atletismo Jean Marie Okutu Salto de lonxitude 7,75 m na eliminatoria (non cualificado)
Atletismo Alessandra Aguilar Maratón feminino Abandonou no quilómetro 27
Piragüismo Teresa Portela K-1 200m 6ª (41.053´´)
Piragüismo Cristian Toro K-2 200m Ouro ouro (32.075´´)
Piragüismo Óscar Carrera K-4 1.000m 5º posto (3.06'768'')
Rodrigo Germade

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.