Esgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEsgos
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°19′30″N 7°41′50″O / 42.325, -7.6972222222222Coordenadas: 42°19′30″N 7°41′50″O / 42.325, -7.6972222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalEsgos Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.099 (2023) Editar o valor em Wikidata (29,08 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie37,79 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude580 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataMario Rodríguez (2019–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Esgos Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32031 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcelloesgos.com Editar o valor em Wikidata

Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2017 tiña 1.154 habitantes (1.318 en 2003).

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 1.154 (2017)
Menores de 15 anos 86 (7,45 %)
Entre 15 e 64 anos 617 (53.47 %)
Maiores de 65 anos 451 (39.08 %)
Evolución da poboación de Esgos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3100 3089 3580 2717 1304
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Esgos está situado ao norte da provincia de Ourense. Limita ao norte con Nogueira de Ramuín, ao sur con Paderne de Allariz e Maceda, ao leste con Xunqueira de Espadanedo e ao oeste co Pereiro de Aguiar. Ten 37,8 km² de superficie, e abrangue 7 parroquias.

Cara ao noroeste esténdense a Cabeza, con picos de 1147 e 1128 metros no límite con Nogueira de Ramuín. Cara ao leste está a serra dos Chairos (793 m) e os montes de Rocas, co Outeiro de Arcos (893 m) O Castelo (721 m) ou O Barbeirón, onde se asenta o mosteiro de Rocas. No pico do Birbiza (790 m) está o límite cos concellos de Paderne de Allariz e Maceda. No sueste está o alto do Couso (710 m).

O curso fluvial máis importante é o río Loña, afluente do río Miño en Ourense. Á súa vez, dous afluentes do Loña son o regato do Porto -que atravesa Lobaces e Gomariz- e O Grañal. O regato de Pazos que cruza a aldea de Esgos.

Historia[editar | editar a fonte]

O topónimo vén dado polo rego de Esgos, citado na documentación de San Pedro de Rocas en 1007 e 1175 como rivulo Alesgos e en 1227 como Aesgus.

Durante a idade media esta zona estivo vinculada ao mosteiro de San Pedro de Rocas. Coa fin do antigo réxime e a constitución dos concellos estableceuse a capitalidade na aldea de Esgos, lugar de paso na estrada real cara a Ponferrada, actual OU-536.

Oficios tradicionais desta zona son os de albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador ou oleiro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entre o patrimonio do concello destaca o mosteiro de San Pedro de Rocas, recoñecido en 1923 como Ben de Interese Cultural.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Esgos.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Esgos

Esgos (Santa María) | Loña do Monte (San Salvador) | Os Pensos (San Pedro) | Rocas (San Pedro) | Santa Olaia de Esgos (Santa Olaia) | Triós (San Pedro) | Vilar de Ordelles (Santa María)

Lugares de Esgos[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Esgos vexa: Lugares de Esgos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Decreto 369/2003, do 25 de setembro DOG núm. 198 (13 de outubro de 2003)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.