Doutor Who

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doutor Who
FormatoDrama de ficción científica
Creado porSydney Newman
C. E. Webber
Donald Wilson
IntérpretesVarios Doutores
(actualmente Peter Capaldi)
Varios compañeiros
(actualmente Pearl Mackie)
Tema de apertura"Doctor Who theme music"
País de orixeReino Unido Reino Unido
Episodios826 o 25 de decembro de 2015 (lista de episodios)
Produción
Duración25 min. (1963–1984, 1986–1989)
45 min. (1985, 2005–presente)
Outras duracións varias
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC One Versión orixinal
Galicia TVG En galego
Formato de imaxe405 liñas branco e negro (1963–1967)
625 liñas branco e negro (1968–1969)
PAL 625 liñas en cor (1970–1989)
720x576 16:9 (2005–2008)
Primeiro episodio23 de novembro de 1963
Derradeiro episodio(presente)
Na rede
https://www.doctorwho.tv/ e https://www.bbc.co.uk/doctorwho
Allocine: 575 Rottentomatoes: tv/doctor_who_1963 Allmovie: v174951 Metacritic: tv/doctor-who-1963 TV.com: shows/doctor-who
Facebook: DoctorWho Twitter: bbcdoctorwho Instagram: bbcdoctorwho Youtube: UCcOkA2Xmk1valTOWSyKyp4g Musicbrainz: 3f32c4cd-04ed-433e-a7a8-81a2ccc0c4c6 Discogs: 171721 Netlix: 70142441Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Doutor Who (Doctor Who na súa versión orixinal en inglés) é unha serie de televisión británica de ficción científica producida pola BBC.

Características[editar | editar a fonte]

A serie trata das aventuras dun viaxeiro no tempo extraterrestre coñecido como O Doutor que, xunta cos seus compañeiros, explora o espazo e o tempo solucionando problemas, corrixindo desfeitas e enfrontándose a criaturas varias. Posúe unha nave espacial e temporal coñecida como TARDIS, que ten o aspecto dunha cabina de policía inglesa da década dos 50.

Foi emitida na BBC One desde 1963 até 1989, data na que se cancelou por baixas audiencias. Produciuse un filme en 1996 coa intención de ser un backdoor pilot, mais sen éxito, até que en 2005 se recuperou con éxito de audiencias. Posúe o Récord Guinness como o programa de televisión de ficción científica con máis anos de emisión, así como varios Premios Hugo e o Premio BAFTA á mellor serie dramática de 2006.

Personaxes[editar | editar a fonte]

O Doutor[editar | editar a fonte]

O Undécimo Doutor (Matt Smith) xunto coa compañeira de viaxes Amy Pond (Karen Gillian) na rodaxe da quinta tempada.

O personaxe do Doutor está rodeado de misterio, o seu mesmo alcume o indica, máis ao longo das temporadas o público coñece máis detalles sobre el. Sábese que provén do planeta Gallyfrey, berce dunha das razas máis poderosas de todos os tempos, os Timelords ou Señores do Tempo, capaces de utilizar o tempo e o espazo. Debido ao seu carácter belicista gañaron multitude de inimigos ao longo de toda a galaxia. Disto desligase o personaxe do Doutor, quen a bordo da TARDIS, acrónimo de Time And Relative Dimension In Space (Tempo e Dimensión Relativa no Espazo), unha nave espacial con forma de cabina de policía inglesa, trata de desfacer entortos e salvar vidas sempre e cando as súas actuacións non afecten o espazo-tempo.

O Doutor, como todo Timelord, ten a posibilidade de rexenerarse nun novo corpo cando esta preto da morte ata un límite de doce veces. Polo momento o personaxe rexenerouse xa once veces.

O 8 de maio de 2022 anunciouse que Ncuti Gatwa tomaría o relevo de Jodie Whittaker como o seguinte doutor, converténdoo no primeiro actor negro en encabezar a serie.[1]

O Doutor Interpretado por Duración
Primeiro Doutor William Hartnell 1963–1966
Segundo Doutor Patrick Troughton 1966–1969[2]
Terceiro Doutor Jon Pertwee 1970–1974[2]
Cuarto Doutor Tom Baker 1974–1981[2]
Quinto Doutor Peter Davison 1981–1984[2]
Sexto Doutor Colin Baker 1984–1986
Sétimo Doutor Sylvester McCoy 1987–1989, 1996[3]
Oitavo Doutor Paul McGann 1996
Noveno Doutor Christopher Eccleston 2005
Décimo Doutor David Tennant 2005–2010[4]
Undécimo Doutor Matt Smith 2010–2013
Duodécimo Doutor Peter Capaldi 2013-2017
Décimo terceira Doutora Jodie Whittaker 2017-2022
Décimo cuarto Doutor David Tennant 2022-2023
Décimo quinto Doutor Ncuti Gatwa 2023-

Compañeiros[editar | editar a fonte]

O Doutor xeralmente viaxa con de 1 a 3 compañeiros. Na maioría das historias de Doutor Who, o compañeiro ofrece un substituto con quen o público poida identificar e promover a historia, facendo preguntas e meterse en problemas, ou axudando ou rescatar o Doutor. A maioría dos compañeiros do Doutor son humanos, con algunhas excepcións, como Kamelion, nisto, Adric, Turlough, Astrid e Romana. Dos compañeiros non-humanos, alén de robot K-9, son membros de razas humanoides. Ata a data, Romana e Susan son os únicos Timelords que viaxaron co Doutor.

Inimigos máis asiduos[editar | editar a fonte]

Daleks[editar | editar a fonte]

Os Daleks son os máis antigos inimigos do Doutor.

A raza dos Daleks, apareceu por primeira vez en 1963, e son os máis antigos inimigos do Doutor. Os Daleks son mutantes de voz metalizada protexidos nunha especie de tanque que actúa como armadura e que proceden do planeta Skaro. O seu papel principal na serie é o de exterminar a todos os seres inferiores a eles, chegando incluso a atacar aos Señores do Tempo na Última Gran Guerra do Tempo. A súa aparición máis recente foi no episodio The Witch´s Familiar, na novena temporada da nova serie.

Cybermen[editar | editar a fonte]

Os cybermen (ciberhomes en galego) eran orixinalmente unha especie de humanoides totalmente orgánicos orixinarios de Mondas, un planeta xemelgo á Terra que comezaron a implantar máis e máis partes artificiais nos seus corpos.

No 2006 presentouse unha variación totalmente nova dos Cybermen. Estes Cybermen Cybus foron creados nun universo paralelo polo inventor tolo John Lumic, quen estaba tentando preservar a vida dun ser humano a través do transplante dos seus cerebros en corpos de metal poderoso, enviándolles ordes a través dunha rede sen fíos e inhibindo as súas emocións cun chip electrónico.

The Master[editar | editar a fonte]

The Master (o mestre en galego) é un Señor do Tempo renegado, arquienemigo do Doutor. Este personaxe apareceu por primeira vez en 1971 e o seu papel foi interpretado por varios actores debido a que como pertencente a esta raza, ten a capacidade de rexenerarse.

Davros[editar | editar a fonte]

Procedente do planeta Skaro, este personaxe foi o creador dos Daleks.

Os Señores do Tempo[editar | editar a fonte]

Aínda que non se declaran como inimigos oficiais do Doutor, ben é certo que en contadas ocasións teñen acontecido confrontacións entre ambos bandos, principalmente por conflitos de intereses. Na UGGT, o Doutor chegou a aniquilar a súa propia especie, xunto cos Daleks, para así poder rematar as hostilidades entre Daleks e Señores do Tempo, as cales produciran graves desastres no devir do Universo; máis tarde comprobouse que isto non fora de todo así.

Doutor Who en Galicia[editar | editar a fonte]

A finais dos anos 80, a Televisión de Galicia emitiu os episodios protagonizados por Tom Baker como o cuarto doutor. Nesta versión o encargado de dobrar a súa voz foi o actor Gonzalo Uriarte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ncuti Gatwa announced as new Time Lord". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2023. Consultado o 2022-05-09. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "guestappearances"
  3. http://www.bbc.co.uk/doctorwho/classic/episodeguide/ BBC official episode guide
  4. "Tennantleaves"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]