Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baltar
Escudo de Baltar
As Maus, coñecido como Meaus na época do Couto Mixto.
Situación
Xentilicio[1]baltarés/baltaresa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación884 hab. (2023)[2][3]
Área94,0 km²[3]
Densidade9,4 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias[4]
Capital do concelloBaltar
Política (2023 [5][6])
AlcaldeJosé Antonio Feijoo Alonso (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6

Eleccións municipais en Baltar
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes90,43%
Na rede
baltar.es
editar datos en Wikidata ]

Baltar é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 968 habitantes[8] (1002 en 2015, 1149 no 2006, 1177 no 2005, 1180 no 2004, 1189 no 2003). O xentilicio é baltarés.[9]

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 968 (2018)
Menores de 15 anos 50 (5.19 %)
Entre 15 e 64 anos 513 (53.27 %)
Maiores de 65 anos 405 (42.06 %)
Evolución da poboación de Baltar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3134 3145 3250 4018 1180 1114 1094 1076 1028 1.019 1002 986 957 968 962 942 919 {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Baltar é un concello de interior, cun relevo suave encaixado entre os Montes de Montecelo e os Montes de Boullosa e a Serra de Larouco ao sur que, chegando aos 1300 m, constitúe o límite natural con Portugal. Está regado por dous afluentes do río Limia, o río Faramontaos e o río Salas; o primeiro descorre cara ao norte e logo cara ao oeste e o segundo cara ao sur.

O terreo é granítico, areoso e pouco fértil. Hai bosques de frondosas e coníferas nos vales e pradairos principalmente na Serra de Larouco.

O concello está atravesado pola estrada que leva a Xinzo de Limia, a OU-1110.

Dáse unha oscilación térmica acusada (14 °C), con temperaturas medias anuais baixas (10 °C).

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio estivo poboado polos límicos até o século I, en que foi invadido por tribos bárbaras. É posíbel que no lugar de Dourique se disputase unha batalla entre o rei de Portugal e os mouros. En época medieval, era posesión da Casa de Monterrei.

Parte do concello ―o lugar das Maus― constituíu até 1868 o Couto Mixto. Ese ano, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, todo o Couto Mixto foi incorporado a Baltar, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte.[10]

A partir de 1950 a emigración foi unha das causas polas que na actualidade diminuíu a súa poboación ata límites nunca vistos.

Economía[editar | editar a fonte]

Predomina o sector primario de autoconsumo (50 % da poboación), seguido da construción (20 %), os servizos (20 %) e a industria (5 %). O 45 % do chan é forestal e o 20 % son pradairos e o 35 % dedícase a sementar patacas, centeo, millo, verzas da horta etc. Críanse porcos, vacas , ovellas e coellos.

Cultura[editar | editar a fonte]

Na zona comprendida entre os ríos Salas e Faramontaos atópanse as ruínas dun lugar coñecido como Saler, do que se di que provén o nome do río.

O sivo é o traxe típico da zona e facíase con liño.

Na parroquia de Santa María de Tixós atópase un dos fornos mais antigos do concello así como un cruceiro e un peto de animas.

Baltar na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [11].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Baltar.


Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baltar

Abades (San Paio) | Baltar (San Bartolomeu) | Garabelos do Bouzo (Santiago) | Niñodaguia (San Lourenzo) | Texós (Santa María) | Tosende (San Lourenzo) | Vilamaior da Boullosa (Santa María)


Lugares de Baltar[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baltar vexa: Lugares de Baltar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Baltar".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baltar. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  9. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  10. "Couto Mixto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 2002. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.