Autocoito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O autocoito ou autopenetración é unha práctica sexual na que unha persoa se penetra analmente co seu propio pene, é dicir, o acto de sexo anal practicado cun mesmo.[1] No caso de persoas hermafroditas pódese tratar de sexo anal ou vaxinal[2].

Debido ao tamaño habitual dos xenitais e á súa posición, é moi infrecuente que as persoas sexan capaces, fisicamente, de realizar esta práctica. Ademais, dado a que a posición en que se coloca o pene provoca a súa detumescencia, é dicir, a perda da erección, o autocoito e aínda máis improbable. Para as persoas que son capaces de facelo considérase imposible a exaculación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MONTEJO GONZÁLEZ, A.L. (2005). Sexualidad, psiquiatría y cultura. Editorial Glosa, S.L. ISBN 84-7429-261-1.  (en castelán)
  2. www.farlex.com, ed. (2004-2008). "Autopederasty definition". Consultado o 07/04/2011.  (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]