A Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaA Lama
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°23′49″N 8°26′32″O / 42.396854, -8.442307Coordenadas: 42°23′49″N 8°26′32″O / 42.396854, -8.442307
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
CapitalA Pedreira Editar o valor em Wikidata
Parroquia civil10 Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.520 (2023) Editar o valor em Wikidata (22,54 hab./km²)
XentilicioLamense Editar o valor em Wikidata
Galegofalantes43,51% (2011)[1]
Xeografía
Parte de
Superficie111,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude478 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Lama Editar o valor em WikidataJorge Canda Martínez Editar o valor em Wikidata
Concelleiros 
• PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 5
• Outros:UCIN: 2 / IPR: 1
Eleccións municipais na Lama Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36830 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE36025 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodalama.weebly.com Editar o valor em Wikidata

A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:

Monte Parroquia Altitude
O Coto da Puza Xesta 1035 m
A Portela dos Xarotos Xesta 1025 m
A Pedra da Letra Xesta 1019 m
O Coto dos Pusallos Xesta 1007 m
O Foxo do Lobo Xesta 1001 m
O Seixo A Barcia do Seixo 1000 m

Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o INE no 2015 vivían 2670 persoas no municipio, o que supón unha caída de case o 10% respecto ao 2010, cando tiña 2966 habitantes.

Censo total 2670 (2015)
Menores de 15 anos 235 (8,8 %)
Entre 15 e 64 anos 1541 (57,72 %)
Maiores de 65 anos 894 (33,48 %)
Evolución da poboación da Lama   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5305 4941 4863 3040 2905 2966 2976 2918 2862 2763 2670 2587 2478 2430 2445 2397 2410
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

A pirámide de poboación é a propia dun concello rural galego, que reflicte unha poboación avellentada e minguante. En 1995 vivían na Lama 3.517 persoas. Durante a década dos 2000, as campañas municipais para atraer residentes conseguiron manter o censo estable por volta dos 3.000 veciños. Desde 2011 a poboación acusa un forte descenso.

Evolución da poboación do concello dende o ano 2000:

Ano Poboación (hab.)
2000 3047
2002 2882
2004 2905
2006 3022
2008 3014
2010 2966
2011 2976
2019 2445

A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con diferenza a máis poboada.

Porcentaxe de poboación que vive en cada parroquia (INE 2010):

Parroquia Poboación Porcentaxe
A Barcia do Seixo 239 9,77%
A Lama 599 24,50%
Antas 213 8,71
Covelo 220 9,00%
Escuadra 169 5,91%
Gaxate 156 6,38%
Seixido 282 11,53%
Verducido 184 7,52%
Xende 95 3,88%
Xesta 288 11,78%

Historia[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.

Turismo[editar | editar a fonte]

A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".

É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.

Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Casa de Honorata
  • Casa indiana de Gaxate
  • Casa O Meu Repouso
  • Casa Suárez
  • Cruceiro de ánimas de Bazocas
  • Fervenza A Feixa
  • Fervenza da Fírveda
  • Fervenzas de Abelaído

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Lama.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Lama

Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)

Lugares da Lama[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Lama vexa: Lugares da Lama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.