Rábade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°06′43″N 7°37′07″O / 43.111944444444, -7.6186111111111

Rábade
Logo de Rábade
Bandeira de Rábade
Escudo de Rábade
Casa do concello
Situación
Xentilicio[1]rabadense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación1.503 hab. (2023)[2][3]
Área5,2 km²[3]
Densidade289,04 hab./km²
Entidades de poboación1 parroquias[4]
Capital do concelloRábade
Política (2023 [5])
AlcaldesaRemedios González Cabarcos (PP[6])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Outros: IR: 3
Eleccións municipais en Rábade
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes48,40%
Na rede
www.rabade.org
editar datos en Wikidata ]

Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003).

Onomástica[editar | editar a fonte]

O topónimo Rábade podería ter orixe no termo hispano-árabe rabaḍ, co significado de "barrio, suburbio", que deu tamén o termo arrabalde.[8] O xentilicio é «rabadés/esa» ou «rabadense».[9]

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 1604 habitantes
Menores de 15 anos 171 (10,66 %)
Entre 15 e 64 anos 998 (62,22 %)
Maiores de 65 anos 435 (27,12 %)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.

A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de Galicia[10]. Ten unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade. Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nas décadas de 1970 e 1980.

Se ben o Nomenclátor de Galicia só recolle o núcleo da vila de Rábade, a parroquia abrangue tamén os lugares do Campo, A Ponte, Regabaixo, Tras do Regueiro e Vilardeseo.[11]

Historia[editar | editar a fonte]

Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo. Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte estableceuse a portaxe ou pago por dereito de paso.

Trala División territorial de España en 1833 Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840. En 1925 Rábade converteuse en concello independente ó segregarse de Begonte.

En 1875 inaugurouse o tramo LugoA Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente. A vila está tamén atravesada pola estrada N-VI, e en paralelo a ela pasa a autovía A-6.

Festas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Rábade.

Lugares de Rábade[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Rábade

Rábade (San Vicenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Rábade".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 72-73. ISBN 978-84-947823-2-9. 
  9. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 56. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  10. Só por diante de Mondariz-Balneario, con 2,3 km².
  11. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-947823-2-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Núñez Castro, Cristina (2003). De Rapati a Rábade. O municipio de Rábade e a evolución histórica do seu territorio. Concello de Rábade.