Bukkake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escena de bukkake.
Bukkake con dous homes.

Bukkake (ぶっかけ?) é un acto sexual en grupo representado no cine pornográfico, onde unha serie de homes toman quendas para exacular sobre unha persoa, xa sexa home ou muller.[1][2][3][4] A práctica ten fortes connotacións de humillación sexual. Polo xeral, ao finalizar a persoa sobre quen se exaculou traga o seme, baleirado previamente nun vaso ou outro elemento similar. Tamén é moi frecuente que exaculen no seu rostro. As escenas de bukkake son relativamente comúns nos filmes pornográficos contemporáneos. Orixinario do Xapón na década de 1980, o xénero espallouse a Norte América e a Europa.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

En xaponés, a verba bukkake ten un extenso uso non sexual, como nas tendas de fideos udon bukkake.

Bukkake é unha palabra que provén do verbo xaponés bukkakeru (ぶっ掛ける, lanzar ou rociar auga),[5] e significa "lanzar", "salpicar" ou "chapuzar".[3][6][7] O verbo composto pódese descompoñer nun prefixo e nun verbo: butsu (ぶつ) e kakeru (掛ける). Butsu é un prefixo derivado do verbo "buchi" que significa literalmente "golpear", pero o seu uso é de intensificador do verbo.[8]

Kakeru, dependendo do contexto significa ducharse ou verter. A palabra bukkake emprégase a miúdo no xaponés para describir o derramamento de auga con forza de abondo para salpicar ou chapuzar. Por outra banda, o termo bukkake emprégase no Xapón para describir un tipo de prato no que o caldo quente se verte enriba dos fideos, como udon bukkake e o bukkake soba.

Recepción[editar | editar a fonte]

Diversos autores describiron esta práctica como a premisa da humillación. A psicóloga forense Karen Franklin describiu o bukkake como unha violación grupal simbólica, caracterizándose por ter como propósito primario a humillación, a degradación e a cousificación da muller.[9] Lisa Jean Moore e Juliana Weissbein ven o uso da exaculación no bukkake como parte do ritual de humillación, destacando ademais que esta práctica non contempla a experiencia do orgasmo das mulleres que participan nela.[10] A activista feminista antipornografía Gail Dines describe o impacto dun home exaculando na face ou corpo dunha muller, levado a un extremo a través do bukkake por involucrar a varios homes, como "un dos máis degradantes actos no porno".[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paul, Pamela (8 de agosto de 2006). Owl Books, ed. Pornified: How Pornography Is Damaging Our Lives, Our Relationships, and Our Families. p. 61. ISBN 978-0-8050-8132-9. 
  2. Eric Partridge, Tom Dalzell, Terry Victor (2006). Taylor & Francis, ed. The New Partridge Dictionary of Slang and Unconventional English: A-I. p. 288. ISBN 0-415-25937-1. 
  3. 3,0 3,1 Tom Dalzell (2008). Taylor & Francis, ed. The Routledge Dictionary of Modern American Slang and Unconventional English. p. 138. ISBN 0-415-37182-1. 
  4. Alba H. Gonzalez Reyes (xaneiro-marzo 2003). University of Veracruz, ed. "La pornografia: ficcion y violencia sim sobre los cuerpos" (PDF). La Palabra y el Hombre (The Word and the Man) (en Spanish) (Veracruz). p. 81. ISSN 0185-5727. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  5. The (Almost) Complete Japanzine Dictionary of Japan Sex Arquivado 07 de xullo de 2012 en Wayback Machine., Jon Wilks, Japanzine
  6. Paul Baker (29 de abril de 2004). Continuum International Publishing Group, ed. Fantabulosa: The Dictionary of Polari and Gay Slang. p. 90. ISBN 978-0-8264-7343-1. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 
  7. Moore, Lisa Jean (2010). Routledge, ed. Everyday pornography. London New York. p. 77. ISBN 9780415543781.  Preview.
  8. Shogakukan (ed.). "ぶち【打ち】". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2009. Consultado o 15 de xullo de 2010. 
  9. Franklin, Karen (2004-04). "Enacting masculinity: Antigay violence and group rape as participatory theater". Sexuality Research and Social Policy (en inglés) 1 (2): 25–40. ISSN 1868-9884. doi:10.1525/srsp.2004.1.2.25. Consultado o 24 de abril de 2020. 
  10. Moore, Lisa (1 de xullo de 2007). NYU Press, ed. Sperm Counts: Overcome by Man's Most Precious Fluid. NY. p. 256. ISBN 978-0-8147-5718-5. 
  11. Gail Dines (1 de xullo de 2010). Beacon Press, ed. Pornland: How Porn Has Hijacked Our Sexuality. p. xxiv. ISBN 978-0-8070-4452-0. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2011.