Beade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beade
Escudo de Beade
Casa consistorial
Situación
Xentilicio[1]beadés/beadesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación364 hab. (2023)[2][3]
Área6,4 km²[3]
Densidade56,88 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias[4]
Capital do concelloBeade
Política (2023 [5])
AlcaldeFernando Taboada (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 2
Outros: AVIDE:1
AEPB:1
Eleccións municipais en Beade
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes75,20%
Na rede
http://www.beade.es
editar datos en Wikidata ]

Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2022 tiña 372 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.[8]

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 397 (2019)
Menores de 15 anos 29 (7.30 %)
Entre 15 e 64 anos 224 (56.42 %)
Maiores de 65 anos 144 (36.27 %)
Evolución da poboación de Beade   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
1738 1225 1250 1204 578 515 500
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.[9]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Beade.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beade

Beade (Santa María) | As Regadas (San Amaro)

Nalgúns mapas[10][11] Beade abrangue tamén a parroquia de San Cristovo de Regodeigón, que desde o primeiro terzo do século pertence a Ribadavia[12].

Lugares de Beade[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beade vexa: Lugares de Beade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Beade".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  9. "Atentado en Beade". Galicia Hoxe. 7 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  10. Entre eles, os do Instituto de Estudos do Territorio e os do Instituto Geográfico Nacional
  11. Ficheiro:Galicia250k Parroquial 400dpi comp9O.png
  12. "La Polonia del Ribeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-20. Consultado o 2021-02-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]